Os milagres do nazareno


feito con Picasion

10 de agosto de 1963. Nace un rapaz na Pobra do Caramiñal no seo dunha familia humilde. A súa nai taballa nunha fábrica de conservas e o seu pai é mariñeiro nun barco mercante .
Ata aquí todo resulta normal, unha familia normal da época…, pero todo cambia once dias despois. O 21 de agosto dese mesmo ano, ao rapaz recén nacido diagnostícanlle una parálise no lado esquerdo do seu corpo. O tratamento para a dita enfermidade é moi custoso, e a familia non ten medios suficientes para poder correr cos gastos.
Deste xeito, a familia tense que ver sometida a aumentar as súas horas de traballo para facer fronte aos gastos, de modo que o pai desta historia traballa sen descanso durante preto de dous anos sen ver a súa muller e fillos para gañar cartos e poder levalos á casa para poder curar o seu fillo.
Durante esos dous anos, viaxou por todo o mundo. Estivo no porto de Nova York, estivo detido nun cárcere ruso, el e mais os seus compañeiros estiveron catro días atrapados nun bloque de xeo nas costas de Canadá, estivo na Antártida cazando focas, estivo no Cairo e mais en Beijin, pescou un tiburón branco… estivo practicamente en todos os países costeiros e non costeiros, a excepción de Arxentina e Chile.
Percorreu todo o globo e viviu centos de aventuras, tanto aventuras boas que aínda conta e recorda todos os días, como aventuras malas que o espertan pola noite e fan que sexa incapaz de concibir o sono.
Pola súa parte, o rapaz, despois de 11 meses, mellora e danlle a alta médica do hospital. Unha historia feliz cun final feliz…, pero esta historia de amor e de traballo, ten outro punto de vista…, chamémolo “divino”.
Como dixen antes, o rapaz nace na Pobra do Caramiñal. Nesa vila, cada ano celébrase unha festa relixiosa, o Nazareno. O pai do rapaz, tras coñecer a noticia da enfermidade do seu fillo, fixo un “pacto” co Nazareno. Acordou con el que se facia que o seu fillo sanara, todos os anos, dende ese día ata a súa morte, e sempre que a vida e o corpo llo permitira, levaríao en procesión durante a festa relixiosa.
E así o fixo sempre dende aquel día. Este home chámase José Ramón Brión Tubío e o rapaz chámase José Ramón Brión Resúa. Son o meu avó e o meu pai, respectivamente, e esta historia non significaría nada para min de non ser que, se non for por ela, probablemente eu non nacera, e non estaría aquí contándoa.

Rodrigo

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: