• Categorías

  • Nube de etiquetas

  • Fotos nosas en Flickr

  • Mapa inicial

  • Advertisements

A noite do ciclón


feito con Picasion

Era o mes de febreiro de 1941, coido recordar que o día 15 máis ou menos. Estaba moi escuro e anubado, pero os meus irmáns e mais eu, xunto a outros amigos veciños, fomos xogar como todas as tardes á praia de San Lázaro. Ese mediodía a mariña militar avisou de que esa noite entraría un ciclón pola costa.
O noso xogo consistía en conquistar o castelo, que era unha pedra moi alta á que chamabamos monte Jurujú. Tiñamos tamén outra fortaleza: o almacén do Italiano, que era onde hoxe está a fábrica de conservas Franco. Por suposto, iamos armados ata os dentes… pero con paus. O meu irmán Adolfo era o rei Ataulfo e Manuel Ferreiro facía de Recaredo.
Á noitiña, antes de marchar para a casa, sentabámonos no cruceiro de San Lázaro a escoitar contos. Os de Manuel “O Curuxo” eran sobre a Santa Compaña e dábannos tanto medo que sempre terminabamos fuxindo espantados. Na nosa carreira, el burlábase: “Tede coidado, que xa vén pola igrexa do Maño!”.
Ás dez da noite chegou á casa o meu pai e con el un vento fortísimo, tanto que el mesmo non era capaz de pechar a porta e dende a entrada chamou os meus irmáns berrando: “¡Luís!, ¡Adolfo! ¡axudádeme a pechar a porta!”. Entre os tres conseguiron por fin atrancala.
O ruído do vento era tan forte que tiñamos que tapar as orellas. Entón, a nosa nai levounos a un recuncho do comedor, colleu unha pequena imaxe da Virxe, acendeu tres candeas e púxonos a rezar a todos con ela: Sancta Maria, ora pro nobis; Sancta Dei Genitrix, ora pro nobis …
Ás tres da mañá empezou a chover, cada vez máis forte, e ás catro a tormenta era xa terrorífica.
Pero pola mañá chegou a calma e fomos todos á praia para ver as desfeitas nocturnas: había anacos de tellados, de chemineas, madeiras de todo tipo. Tres barcos que estaban amarrados no peirao da Pobra apareceron en Cabo de Cruz. Outros moitos perderan as áncoras.
… E esa noite do ciclón ardeu Santander.

FIN
Esta historia contouma en primeira persoa o meu avó Manuel Martínez Rodiño, nado en 1930.
Paloma Fontán Martínez, 3º C

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: