Voulles contar unha historia de pobreza.
Esta foto foi quitada especialmente para mandárllela a uns primos que ten meu avó en Bélxica. Esta era unha das mellores roupas que tiñan, xa que ao ser nove irmáns e coa pobreza desa época, non se podían permitir ter demasiadas cousas.
Nesta imaxe meu avó tería máis ou menos nove ou dez anos. Aparecen el e a súa irmá, a súa nai e o seu irmán Francisco. Na súa casa eran moitos e non tiñan demasiados cartos, e por iso lles custaba levar o pan á boca. Por esta mesma razón, tiñan que remendar os pantalóns en vez de mercar uns novos.
Cando o meu avó empezou na escola, só puido aprender o básico (ler, escribir e manexar cartos para que non o estafasen). Entón marchou do colexio para traballar e gañar cartos para comer e poder seguir adiante. Meu avó estivo moitos anos traballando en barcos. E agora cando eu ou a miña irmá protestamos ou deixamos comida no prato, sempre nos di:
– Non sabedes o que é ter fame.
Aida
Filed under: historias | Tagged: fame,roupa | Leave a comment »