Todo era moi distinto


feito con Picasion
Todo era moi distinto. Aqueles anos nos que os rapaces se divertían con simples xoguetes, nos que o aparello que estou utilizando agora nin sequera existía, nos que a vida en España era bastante máis difícil que agora…Co paso dos anos a situación foi cambiando en todos os aspectos: a nivel económico, político, social…
A principio dos anos setenta, na Riveiriña, vivían meus avós, cos meus tíos e miña nai. Na casa onde eles vivían, podías ver a bonita posta de sol se mirabas cara ao mar e se te xirabas apreciabas o verde monte cheo de árbores. Os días foron pasando, mentres os pequenos rapaces xogaban cunha pelota e as rapazas divertíanse xogando coas bonecas.
Eles nin conta se daban, pero a vida en España estaba cambiando: a chegada da democracia cambiouno case todo. Disto daríanse conta anos despois, cando a perda da súa ignorancia lles permitira facelo.
Un día estaban aqueles que un día foron rapaces mirando polo balcón da que agora é a miña casa. Miraron cara ao horizonte e a posta de sol que anos atrás podían apreciar sen dificultade, agora era imposible. As novas casas construídas impedíanllo. Pouco despois, miraron cara atrás… e máis do mesmo. Onde antes se podía ver un camiño no que apenas pasaban cinco coches ao día, agora pasaban cinco coches cada cinco minutos. Pero isto non era todo. O verde monte que antes predominaba, agora podíase ver detrás das novas casas que alí construíran. Aquel día déronse conta de que a aldea cambiara bastante, e non só a aldea, senón practicamente todo. Entrabas na casa e xa había bastantes aparellos eléctricos; pola noite a luz das farolas iluminaba as rúas; mirarabas a televisión e falaban dun aparello que se chamaba ordenador do que dicían que revolucionaría o mundo…
Xa no 2010 podo asegurarvos que se queredes ver a posta de sol desde o meu balcón teredes que medir polo menos dous metros, se queredes ver os rapaces xogar ao fútbol no medio da rúa, posiblemente se atopen xogando coa play station e dos ordenadores non vou dicir nada que non saibades. Todo é moi distinto.

Adrián Fernández

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: